3edata beneficiaria do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

O Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) cofinanciada polo Fondo Social Europeo pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con amplos coñecementos das novas tecnoloxías, así como impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 % a través do Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, encadrándose nos obxectivos que teñen por obxecto diminuír as taxas de desemprego así como fomentar o espírito empresarial e as competencias emprendedoras incrementando o número de empresas e iniciativas de traballo por conta propia. Esta axuda encádrase concretamente no Obxectivo temático 08: “Conseguir formación e un emprego de calidade” que incúe os seguintes indicadores de resultados e execución:

Indicadores de execución:

-Desempregados, incluídos os de longa duración (Persoas)

Indicadores de resultado:

-Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, tras a súa participación.

3edata foi beneficiaria deste programa na súa convocatoria do ano 2016. Por este motivo 3edata recibe unha axuda para o inicio e posta en marcha da súa actividade, que contempla o gasto de 18.020€ dos que son subvencionables 18.000€, xa que 3edata promoveu a contratación indefinida de 2 persoas. Ademais, dentro deste programa, 3edata é beneficiario doutra axuda para a creación directa de emprego estable para 2 persoas desempregadas, tituladas universitarias, cunha dedicación a tempo completo, nunha cuantía que ascende a 16.000€.

 

fse

xunta

xunta_solo_galicia



LEAVE A COMMENT